xoves, 23 de xaneiro de 2014

Nadarín polos nenos e nenas de Infantil


Nadarín. Día da paz 2014 from Ana Jato Rodriguez

Aquí está a versión feita polas nenas e nenos de infantil do conto de Leo Lionno titulado "Nadarín" e editado por Kalandraka.
Esperamos que vos guste a todos e decidades tamén traballar e vivir todos ben xuntiños, cooperando uns cos outros tal e como nos ensina o conto.  

mércores, 15 de xaneiro de 2014

Nadarín



Este conto é un conto que podedes atopar en formato de libro na biblioteca do colexio, e que conta unha historia de convivencia e cooperación fabulosa. Prestádelle atención e xa veredes que sorpresa temos preparada en relación co conto!!

Parte do festival cando actuaron os maiores: Satnd by me no Nadal


luns, 13 de xaneiro de 2014

Bulbos de outono (Voz Natura)

 Se pinchas nesta ligazón poderás ver unha montaxe de fotos do día que plantamos bulbos de outono nas nosas macetas. E seguimos co proxecto de Voz Natura!

http://www.youtube.com/watch?v=MjTmZyx-utM