luns, 14 de novembro de 2016

Obradoiro de cociña con ciencia, coas mans na masa! Pero limpas!






Despedímonos de Jesús, o noso mestre en prácticas... esperemos que ata pronto!


Remataron as prácticas de Jesús, un futuro mestre que tivemos a sorte de que pasase polo noso cole por segunda vez e a quen lle desexamos o mellor nos seus estudos e vida profesional. Deixounos unha mascota á que lle puxemos o nome de Jesús para asegurarnos de que nos quedaba un cachiño da súa estadía no cole. Estamos sendo moi responsables co seu coidado, dándolle de comer, cambiándolle a auga e dándolle un montón de compañía.

Gañadora do concurso Las legumbres e premios de Eirexalba


Xa saíron os resultados do concurso autonómico "Las legumbres", no que había que expresar artísticamente o valor que teñen os legumes na nosa alimentación. E Aldara Campo foi a gañadora dentro da súa categoría co seu traballo "Las legumbres revoltosas". Como todos os traballos presentados eran moi bos, haberá diplomas para os concursantes.



Tamén se repartiron o luns 14 os premios do concurso de Eirexalba, xunto cos detalles por participar, para aqueles nenos e nenas que non poideron achegarse ao magosto de Eirexalba. Na revista Os Fanagueiros podedes ver os debuxos e contos gañadores: Noa, Aldara, Sara, Dana, Luis Manuel e Emilia. Noraboa a todos!

No telexornal do luns 14 saimos na TVG falando do noso vídeo.


Pincha no seguinte enlace e verás a intervención dos nenos e nenas falando do seu vídeo e sobre a vida no rural:
http://www.crtvg.es/informativos/alumnos-do-incio-promoven-a-vida-e-a-escola-rural-a-traves-dun-video-2484322


xoves, 10 de novembro de 2016

VOLVEMOS SER NOTICIA!

     Unha vez máis saímos no xornal. Hoxe en "El Progreso", como motivo do vídeo que fixemos e publicamos fai uns días xa que está a chamar moito á atención. Adxuntámosvos unha imaxe coa noticia para que a poidades ler!

     Aproveitamos tamén para dicirvos que hoxe estivo a Televisión de Galicia con nós, interesándose tamén polo noso vídeo. Pronto vos daremos máis detalles!

PRIMEIROS PASOS NO RECUNCHO DE VOZ NATURA!

     Outro espazo que estamos comezando a poñer en marcha é o Recuncho de Voz Natura, lugar no que poderemos tratar temáticas relacionadas co noso entorno, coa paisaxe ou con outros aspectos relacionados coa temática ambiental.

     Comezamos observando partes de diversos insectos que hai na nosa paisaxe e buscando información sobre eles, para logo debuxalos e pintalos.


martes, 8 de novembro de 2016

ABRÍMOSVOS AS PORTAS AO NOSO COLE!

     A continuación, presentámosvos un vídeo que resume parte das actividades do noso cole. Aconsellámosvos que lle botedes unha ollada!


TRABALLAMOS COAS CASTAÑAS

     As nenas e nenos de educación primaria, estiveron estes días traballando coas castañas. Buscaron as diversas variedades que hai deste froito da época, coloreáronas en función das súas características e incluso escribiron por detrás das mesmas unha breve descrición.

     Adxuntámosvos imaxes desta actividade: 



venres, 4 de novembro de 2016

11 de novembro: Cociña con Ciencia

Por se resulta de interese coñecer máis a fondo o que se vai a traballar neste obradoiro, pódese consultar no seguinte documento e tamén na web cocinaconciencia.csic.es
Máis adiante colgaremos as fotos do obradoiro, ata entón!


xoves, 3 de novembro de 2016

NUBE DAS LETRAS

     O alumnado de educación infantil e de primeiro de primaria realizamos a NUBE DAS LETRAS. Posteriormente, situámola sobre a estantería que hai na entrada e na que están colocados os libros de lectura que máis uso lles damos. Desta maneira, a choiva de letras, fai que se conformen todos os libros.

     Botádelle unha ollada á seguinte imaxe: 


ANALIZAMOS AS TEXTURAS!

     As nenas e nenos de 3º e 4º de primaria, empregamos a hora semanal de Plástica para coñecer as diversas texturas naturais que nos rodean. Así que saímos ao patio e pintamos as texturas que quixemos... Observamos que hai moitas plantas que non coñecemos, polo que iniciaremos un traballo de investigación. Máis adiante vos contaremos o que fixemos!

     Nas dúas imaxes que podedes ver a continuación, obsérvase o proceso que realizamos en Plástica!

    
     Coas texturas anteriormente elaboradas, creáronse pegadas de animais como poden ser as de xabarín ou de corzo. Logo, pegáronse nas escaleiras. Deste xeito, identificámolas como as "Pegadas do outono".
 

mércores, 2 de novembro de 2016

FACEMOS MARMELO!

     No día de hoxe estamos a facer marmelo. Os froitos foron collidos da árbore que temos no patio. A ver como sabe!




XUNTANZA O INCIO - SAMOS

     Este ano, ao colexio do Incio, tocounos recibir aos nenos e nenas do colexio de Samos e aos seus mestres. Aproveitamos ese día para celebrar o noso SAMAÍN e o noso MAGOSTO particulares. Pasámolo en grande!

     Botádelle unha ollada ao seguinte vídeo, e así poderedes ver dun xeito resumido todo o que fixemos durante o pasado venres 28 de outubro: vídeo da xuntanza con Samos.

 

OFICINA DE CORRESPONDENCIA

     A continuación, amosámosvos unha oficina que xorde no colexio do Incio: A OFICINA DE CORRESPONDENCIA. Nela, os nenos, nenas, mestres, mestras e incluso os pais e nais, poderedes participar escribindo cartas ou ben enviando obxectos, vídeos... Ten a finalidade de desenvolver diversas competencias a partires do interese e da motivación dos nenos e nenas.

     No vídeo que máis abaixo se expón, vese a funcionalidade que se lle pode sacar a esta Oficina, que de seguro que dará moito xogo neste colexio. Deixámosvos o enlace de dito vídeo: pincha neste enlace e verás o vídeo.


OBRADOIROS OUTONAIS

      Outra actividade complementaria máis e, desta vez, realizamos un OBRADOIRO OUTONAL. Primeiro, os nenos e nenas de 5º e 6º fixemos centros de mesa para o día que viñeron os de Samos e logo, todo o colexio, realizamos un tallado de cabazas inspiradas no Samaín.

     Aí vos deixamos un vídeo onde poderedes ver todo o proceso seguido. Disfrutádeo!