venres, 17 de febreiro de 2017

Comezamos o Entroido cos compadres e comadres!!




Visitas moi seguidas!

Os días 6 e 7 de febreiro estivemos cheos de visitas. O 6, Paco Nogueiras un ano máis a contarnos contos e cantarnos cancións, a través da editorial Kalandraka. E o día 7, ademáis de que os maiores foron ao Instituto de visita, pola tarde viñeron Inés López e Teresa Zabaleta a darnos unha charla sobre RCP, Reanimación cardiopulmonar, a través da ANPA, e aprendemos moito sobre cómo debemos facer en caso de atopar a unha persoa inconsciente.
 

Entrevista en Voces de Galicia, con Isidoro Valerio

O martes día 17 de xaneiro entrevistáronnos pola radio, no programa Voces de Galicia, de Isidoro Valerio, no que nos preguntaron polas actividades que iamos realizando no colexio. Aquí tedes unha ligazón ao podcast do programa completo, aínda que a entrevista como tal é no minuto 168 aprox. Antes tedes a Germán Díaz, marabilloso zanfonista, falando do seu traballo, por se tamén queredes escoitalo.

Preme na seguinte ligazón: http://www.ivoox.com/voces-galicia-del-martes-17-enero-audios-mp3_rf_16734646_1.html

 

mércores, 1 de febreiro de 2017

DÍA DA PAZ

O luns 30 de xaneiro celebramos o día da paz.
DECORAMOS POMBAS
BUSCAMOS TEXTOS SOBRE A PAZ.
PUXÉMONOS NUN CÍRCULO E COMPARTIMOS AS NOSAS FRASES.
RECIBIMOS UNS CONVIDADOS DO INSTITUTO.
MANDÁRONNOS UNHAS CARTAS OS NENOS DO CEIP DE SAN CLODIO.

A continuación podedes ver as fotos:

(Texto escrito por: Ainhoa e Aitana.)