Novas de administración e alumnado

A partir de outubro, a hora de entrada será ás 10:05 e de saída ás 16:30, sendo o tempo de comedor de 14:00 a 15:20


ADMISIÓN ALUMNADO

ALUMNADO XA MATRICULADO NO CEIP RICARDO GASSET

  1. Os alumnos que xa están matriculados doutros anos neste centro están matriculados automáticamente e non teñen que realizar ningunha reserva de matrícula.
  2. O alumnado de 6º de Primaria que desexe ir ao instituto adscrito IES Xograr Afonso, deberá cubrir o ANEXO I e entregarllo á Responsable de Centro entre o 1 e o 15 de febreiro, para así confirmar a súa reserva de praza. 
As familias interesadas en solicitar isto pola súa conta, poderán facelo na páxina da Consellería dentro da aplicación admisionalumnado.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/


ALUMNADO QUE QUEIRA TRASLADARSE  DESTE CENTRO A OUTRO



1) Solicitar en Secretaría un Certificado de Matrícula que entregará no Centro ao que queira trasladarse.

2) Presentar a solicitude de admisión xunto co Certificado de matrícula no centro novo no que desexe matricularse.

3) Entregar no centro onde desexe causar baixa unha copia da solicitude de admisión ao novo centro.


PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN DO ALUMNADO DE NOVO INGRESO  
 
Do 1 ao 29 de marzo (ambos inclusive)

Presentar o Anexo II á Responsable do centro.


 DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR  
 
     - Impreso se solicitude (anexo II)

     - Fotocopia do Libro de Familia ou DNI do alumno/a

Ningún comentario:

Publicar un comentario