xoves, 20 de outubro de 2016

CONCURSAMOS CON DEBUXOS DE LEGUMES!

CONCURSO DE DEBUXOS DE LEGUMES

A semana pasada, os nenos e nenas máis pequenos do colexio participamos nun concurso de Pontevedra a través do debuxo de legumes co seu correspondente lema.

Empregamos diversas técnicas e cores, para tentar así que os debuxos fosen máis creativos. Deixámosvos un vídeo do proceso e do resultado dos mesmos: 
 Sorte para todas e todos!

 

domingo, 9 de outubro de 2016

APRENDER A SALVAR VIDAS

No vindeiro mes recibiremos a visita dunha doutora e dunha enfermeira que nos virán ensinar cómo actuar no caso de accidentes ou cómo dar unha masaxe cardíaca, por exemplo.
Podedes ler unha noticia relacionada con este tema e estas profesionais no seguinte enlace:





xoves, 6 de outubro de 2016

SOMOS NOTICIA!



No día de hoxe somos noticia! Pinchando nos seguintes enlaces, podedes ver as novas xornalísticas da castra do mel deste ano:
 

mércores, 5 de outubro de 2016

A castra do mel


Pincha neste enlace e irás zumbando a un vídeo que resume en fotos o día de hoxe, o da castra do mel. Unha foto con Emilio, de Mieles Antas, que nos trouxo as alzas ben cediño para que poidesemos comezar a traballar:


Comezo de curso 2016/2017

Queremos compartir convosco as fotos do primeiro día de clase, que para uns foi unha volta das vaccacións para ver aos seus compañeiros e compañeiras, e para outros, si que foi un primeiro día para coñecer a novos nenos e nenas.
Fixemos dous murais sobre ecosistemas, repasando un pouco o aprendido o curso pasado e tamén facendo traballo cooperativo.
As outras fotografías son do día do picnic na praza, onde despois de comer un bocata, disfrutamos de xogar no parque.