luns, 24 de febreiro de 2014

Audición nº 4: Josele Santiago - Baile de los peces




http://www.youtube.com/watch?v=xGDqXN2dey0




Esta será a audición que escoitemos o xoves en vez do venres, debido a que é entroido e teremos festa. Se queredes ir escoitándoa, aquí está e tamén podedes ler o cartel de Josele Santiago ao lado do acuario.

mércores, 19 de febreiro de 2014

Audición nº 3: Adiós ríos, adiós fontes - Amancio Prada



Esta canción interpretada por Amancio Prada, feita a partir dun poema de Rosalía de Castro, será a que escoitemos este venres na audición do acuario. Podes adiantarte á audición neste vídeo.

E, xa que por todos é coñecida esta cantante, xa que é do Incio, podedes ver nesta ligazón o dúo Lucía Pérez con Amancio Prada no programa televisivo Luar, cantando esta mesma canción:
http://www.youtube.com/watch?v=2pCqmi-gbaU

Chega o entroido!!!

Habemos celebrar o entroido como corresponde, no colexio, pero tamén podedes buscar información, atopar máscaras, ler contos ou facer actividades sobre o tema. Para iso debes pinchar nesta ligazón:

http://coordinadoraendl.org/2014entroido/index.php


Explicación con detalle da nosa celebración do Día da Paz

DIA DA PAZ 2014

mércores, 12 de febreiro de 2014

Audición nº 2: Río Negro

Esta canción, de Santiago Auserón, ou Juan Perro, como ás veces se chama este artista, podes escoitala en audio nesta ligazón: http://www.youtube.com/watch?v=oAHXezJ48_0

Se queres ver un concerto en directo e parte dunha entrevista, pois nesta outra: http://www.youtube.com/watch?v=txcjTQMDQNE,


xoves, 6 de febreiro de 2014

Lugares mariños para as audicións do acuario

Lugares mariños para as audicións do acuario on PhotoPeach
Faltan fotografías, e rematar o noso traballo. Estade atentos e atentas ás novidades!!!

luns, 3 de febreiro de 2014

Audición nº 1: Alfonsina y el mar, Silvia Pérez Cruz

Todos os venres escoitaremos unha audición relacionada coa auga, cos ríos ou mares, e que formará parte do Proxecto de Voz Natura. As audicións serán de autores variados, diversos xéneros musicais, diferentes épocas e a través destas audicións chegaremos a coñecer varios grupos musicais, compositores e cantantes, co que aumentará notablemente o noso coñecemento musical e cultural.

A audición número un será a versión que fai Silvia Pérez Cruz de Alfonsina y el mar, canción coñecida internacionalmente por Mercedes Sosa. Na entrada da escola podedes ler parte da súa biografía ou obra nun cartel.



Nas seguintes ligazóns poderedes escoitar algúns vídeos ou audición desta canción:
http://www.youtube.com/watch?v=iap8VstrFb0
http://www.youtube.com/watch?v=_zOvl7DrPvg
http://www.youtube.com/watch?v=QPX5WUF-xus