venres, 17 de febreiro de 2017

Visitas moi seguidas!

Os días 6 e 7 de febreiro estivemos cheos de visitas. O 6, Paco Nogueiras un ano máis a contarnos contos e cantarnos cancións, a través da editorial Kalandraka. E o día 7, ademáis de que os maiores foron ao Instituto de visita, pola tarde viñeron Inés López e Teresa Zabaleta a darnos unha charla sobre RCP, Reanimación cardiopulmonar, a través da ANPA, e aprendemos moito sobre cómo debemos facer en caso de atopar a unha persoa inconsciente.
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario