Tivemos que estar pendentes da capacidade do acuario, para non pasarnos cos litros, e tamén da temperatura da auga. Logo aprendemos a coidar as plantas dun acuario e tamén o tratamento da auga, coidado e alimentación dos peixes, etc. Usamos os produtos con responsabilidade e baixo a vixianza dos mestres, e cada día facemos un rexistro.
Aproveitamos a luz do acuario e o relaxante que resulta ver nadar os peixes para facer as nosas ecoaudicións, músicas relacionadas co medioambente e o respecto pola natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario