venres, 3 de marzo de 2017

MOI ORGULLOSOS DO NOSO EX-ALUMNO DE PRÁCTICAS!!

Jesús, quen sempre ven a botarnos unha man na escola, foi un dos gañadores dos Premios á Calidade Lingüística entregados pola USC. O seu traballo foi gañador pola súa calidade lingüística, pois esa era a finalidade do concurso, mais cabe destacar que a contextualización de tal traballo foi no colexio do Incio e no seu entorno.

Este traballo académico buscaba desenvolver as catro macrohabilidades lingüísticas: ler, escribir, escoitar e falar; enfocando os mesmos cara unha transversalidade coas Ciencias Sociais, abordando o tema da Guerra Civil no concello enfocado á Educación Primaria, desde unha perspectiva crítica que faga reflexionar ao alumnado.

Desde o colexio estamos moi contentos de que persoas así pertenzan á nosa comunidade educativa e que desde o centro sexamos útiles para motivar aos futuros docentes.

Noraboa Jesús!





Ningún comentario:

Publicar un comentario