mércores, 17 de maio de 2017

Día do libro


Polo Día do libro decidimos aportar o noso pequeno gran de area e colaborar coa ONG Save the Children e ser lectores solidarios. Primeiro decoramos uns marcapáxinas con motivos de animación á lectura, decoracións, lemas solidarios.... e logo, cada neno se comprometeu a vender o seu marcapáxinas e doar eses cartos para que nenos de zonas subdesenvolvidas, en concreto de África, poidan ter acceso á escola.



Durante a celebración deste día, xogamos con adiviñas sobre as personaxes do libro D Quixote, practicando a lectura e aumentando a nosa cultura.


Tamén houbo momentos para a lectura de varios clásicos, entre eles o Quixote e tamén varias lendas tradicionais da nosa zona. A mamá de Luisma e Javi trouxo outras lecturas que foran importantes para ela durante a súa estancia na escola, e así engadiu unha temática máis ao noso Día do Libro: a emotiva.

Ningún comentario:

Publicar un comentario