mércores, 17 de maio de 2017

Reunimos sobre 250 euros para Save the Children!!


Levamos a nosa caixa cos cartos para facer un ingreso no banco. Alí, explicáronnos cómo se fai un ingreso cando hai billetes e moedas soltas (primeiro hai que envialas a contar) e ata nos regalaron uns calendarios!

Logo Conchi tróuxonos un conto moi bonito que trataba sobre o necesaria que é a tolerancia e o respecto cara a xente que non ten o mesmo ca nós, e por último, cada neno tivo o seu diploma de Save the Children pola súa aportación de traballo solidario. Moi ben, rapaces!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario